Os concellos de Santiago, Oleiros e Culleredo apoian as traballadoras do Consorcio Galego de IeB

O fruto dos contactos e a campaña de visibilización que están realizando as traballadoras do Consorcio en moitos dos concellos galegos está saíndo a luz. Cando está a piques de comezar a o terceiro periodo de folga no Consorcio, os concellos de Santiago de Compostela, Oleiros e Culleredo aproban mocións de apoio as traballadoras na mesma data 27/10/2022. As mocións teñen como puntos fundamentais esixirlle a Xunta de Galicia acadar unha solución o conflito para que a estabilización das traballadoras sexa real:

  • Instar a Xunta de Galicia a que a que cumpra a lei e negocie de boa fe co Comité de Folga, intentando chegar a acordos sobre os motivos da mesma.
  • Instar a Xunta de Galicia a que nos criterios de baremación de méritos no proceso de estabilización e de estabilización extraordinaria referidos, se puntúe prioritariamente a experiencia das profesionais nos postos de traballo específicos desenvoltos no Consorcio Galego.
  • Trasladar estes acordos ó Presidente da Xunta de Galicia instando a que actúe en consecuencia e resolva esta grave problema con carácter inmediato.

A loita das traballadoras do Consorcio abrangue as rúas, despachos e organismos oficiais. Estas son dos primeiros plenos celebrados e fruto dos contactos en periodos de folga posteriores. Pódese ver unha relación de accións e contactos con concellos nestes enlaces:

AS QUE ESTAMOS QUEDAMOS!

Call Now ButtonChámanos