Máis argumentos para a fixeza

  • María Emilia Casas Bahamonde, expresidenta do tribunal Constitucional e catedrática de Dereito do Traballo, confirma os argumentos que desde a CNT se levan prantexando desde hai anos
  • Nun informe avala o mantemento do persoal en fraude de lei e abuso de temporalidade como persoal fixo a extinguir


Nun dictame redactado recentemente, durante o mes de marzo, María Emilia Casas Bahamonde, ex presidenta do Tribunal Constitucional, defende que a solución ao excepcional abuso de temporalidade que levan a cabo as administracións públicas, pasa pola supresión da figura da indefinición non fixa” e a súa subsitución por outras figuras acordes ao dereito laboral. A figura que propón é a de “persoal fixo a extinguir”, e avala a súa legalidade en base á propia normativa interna do Estado Español así como á normativa da Unión Europea, e destaca que esta figura respecta escrupulosamente os principios de igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso ao emprego público.

Esta figura de persoal fixo a extinguir é a figura que desde a CNT levamos anos a defender como a axeitada para defender os dereitos do persoal en situación de abuso de temporalidade por culpa do incumprimento reiterado da lexislación laboral por parte das distintas administración de todos os ámbitos. E, de feito, é a proposta base de reclamacións como a que están a levar a cabo as compañeiras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar na súa folga indefinida.

Deste xeito, a Dirección Xeral de Función Pública, que ten tachado de ilícitas as nosas propostas, debería tomar boa nota dos argumentos esgrimidos pola expresidenta do Constitucional, xa que se nega reiteradamente a escoitar os argumentos que desde hai meses lle estamos a intentar trasladar desde o sindicato.

Da CNT tense insistido reiteradamente desde hai anos nesta vía para solucionar o problema da temporalidade do persoal público. Neste mesmo enlace pódese ver a explicación detallada do gabinete xurídico da CNT sobre esta proposta:

Call Now ButtonChámanos