Charla online 6 abril: Os procesos de Consolidación na Xunta

  • A CNT Galiza continúa coa programación das charlas informativas para o persoal público temporal
  • Os actos e mobilizacións continúan apoiando a solicitude de negociación das compañeiras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Este vindeiro martes 6 de abril ás 19:00h emitiremos en directo pola canle de youtube da CNT Galiza unha charla sobre os Procesos de Consolidación para o persoal temporal da Xunta de Galicia.

Na charla analizaranse e veranse en detalle as probas a realizar, os mínimos esixidos e a participación que están tendo estas primeiras probas que se están celebrando as últimas semanas en Silleda, e que reflicten o proceder da Xunta neste tipo de convocatorias de consolidación de emprego do seu persoal temporal.

Para a análise contaremos con persoas directamente implicadas nos procesos de consolidación que contarán de primeira man a súa experiencia, vendo de maneira detallada a convocatoria de psicoloxía de man dunha compañeira do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar.

Call Now ButtonChámanos