Charla online: Novo escenario para o persoal público en fraude

A CNT realizará unha charla online o próximo día 23 de decembro as 19:00 na súa canle de YouTube de CNT Galiza, pois ante os recentes cambios da lei que rexerá a temporalidade do persoal público e a grande incerteza causada por este novo escenario, son moitas as inquedanzas e dúbidas que están chegando á CNT, ademais de falsas certezas publicadas polos medios de comunicación xerais.

Os temas que se analizarán serán:
– As novidades que trae a nova lei.
– O seu ámbito de aplicación.
– As perspectivas para o persoal público temporal.
– Casuísticas que poden producirse.
– A importancia da organización e da resposta a dar.

Lembra seguir e participar nesta charla na canle de YouTube da CNT Galiza o xoves día 23 de decembro as 19:00

Call Now ButtonChámanos