A loita das traballadoras do Consorcio galego IeB este 8M

  • As traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar continúan coas súas reivindicación fronte ao ERE de Mulleres que plantexa a Xunta
  • O 8M volveron a escoitarse as reivindicacións nas rúas e nos centros de traballo facendo visible novamente o traballo fundamental que desenvolven
  • As mobilizacións non rematarán neste día e seguirán cos chamamentos até que a Xunta decida sentarse a negociar


Este 8 de marzo no Consorcio foi unha data de loita das traballadoras do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar. Unha loita que se puido ver nos centros de traballo, nas redes sociais e na rúa. Todos estes espacios foron recuperados polas mulleres traballadoras que deron o mellor de si con creatividade, cooperación e esforzo. 


As compañeiras participaron das moitas concentracións, protestas e actividades por todo o territorio galego, visibilizando a precarización e abuso de temporalidade que se está a sufrir no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
Unha das accións que máis repercusión tivo na xornada do 8M foi a protesta á chegada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e a Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez ao acto de entrega da Medalla Emilia Pardo Bazán. Este momento quedou rexistrado e tivo amplo seguimento nas redes sociais (https://twitter.com/ECojunudo/status/1369008124082946048?s=20https://www.facebook.com/100058598456132/videos/159098122720135/ ) Nesa concentración, os políticos tiveron que escoitar lemas como:”14 anos de adicación, foron a nosa oposición” ou “Feijoo escoita, as mulleres, do Consorcio, estamos en loita”.


Este 8 de marzo, as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar mostraron a sociedade e ós responsables políticos a loita dun colectivo feminizado e precarizado, pero ante todo a reivindicación das mulleres que loitan polo seu posto de traballo e pola dignidade.

AS QUE ESTAMOS, QUEDAMOS!… E LOITAMOS

Call Now ButtonChámanos