Traballadoras do Consorcio IeB protestan na Vuelta ciclista

  • Fin de semana de protestas co gallo do paso por Galicia da Vuelta ciclista a España 
  • As protestas enmárcase na estratexia definida pola sección de CNT no Consorcio para aumentar a visibilidade do conflito 

As dúas últimas etapas da Vuelta ciclista a España de 2021 desta fin de semana no seu paso por Galicia estiveron marcadas polas protestas do persoal público temporal do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar e outros organismos públicos. 

O sábado un grupo de traballadoras do Consorcio IeB realizaron unha protesta no tramo final da etapa número 20 da Vuelta ciclista a España en Mos. Os diferentes corpos de seguridade impuxeron restricións arbitrarias ao acceso o punto escollido para a protesta o que ocasionou que moitas compañeiras tiveran que achegarse camiñando por pistas forestais. A pesar das dificultades e de que unha patrulla da garda civil estacionou o seu vehículo “casualmente” á beira do grupo de protesta máis numeroso, a acción foi un éxito pola visibilidade conseguida na proba ciclista.

A protesta continuou o domingo na chegada da derradeira etapa en Compostela. Traballadoras do Consorcio IeB e persoal público temporal en fraude e abuso de temporalidade doutras administracións ocuparon durante horas unha rúa próxima á meta con bandeiras,  carteis e faixas para difundir a súa situación laboral. 

Estás accións enmárcase, con outras que seguirán, como parte da estratexia definida pola sección de CNT no Consorcio  para aumentar visibilidade da problemática do persoal público temporal en fraude e abuso de temporalidade e para lembrar á Xerencia do ente público que se espera unha negociación real nas próximas semanas.

A negociación de boa fe do futuro do persoal temporal do Consorcio IeB foi parte do acordo alcanzado por CNT a cambio de desconvocar a folga prevista coincidindo co inicio de curso. 

Call Now ButtonChámanos