A CNT denuncia as condicións no Punto de Atención á Infancia do Concello de Boimorto

• A CNT denuncia a contratación precaria e fraudulenta do persoal
• As diferencias salariais alcanzan máis de 7.000€ anuais por posto

A CNT denuncia as graves condicións de traballo no Punto de Atención á Infancia no Concello de Boimorto. Segundo informan na CNT, os incumprimentos son varios e danse en prácticamente todos os aspectos da relación laboral, nomeadamente en canto á contratación en fraude de lei, salarios moi por debaio do convenio, e incumprimento dos horarios e a xornada do persoal, entre outros.

A central anarcosindicalista denuncia que o Concello non respeta os límites de xornada do persoal, “obrigando a facer horas extraordinarias de maneira estrutural e sen remunerar nin compensar en descanso“. Denuncian tamén que non existe ningunha forma de rexistro horario nin se está a pagar os salarios conforme á categoría real das traballadoras, diferencias salariais que “superarían os dous mil euros anuais“.

Asemade, a CNT denuncia outras irregularidades como “a contratación temporal de persoal que superou un proceso selectivo e ocupa unha praza estrutural e permanente desde hai anos, polo que debería ser recoñecido o carácter fixo da relación laboral“.

Call Now ButtonChámanos