Roteiro Libertario – Coluna Sanfins

 

 

  • A CNT súmase un ano máis aos actos de lebranza da Coluna Sanfins en Lousame na IV Romaría da Coluna, que este ano celebrará en Froxán o 28 de setembro.

 

Programación provisional:

 

9:30 a 14:00 : Ronda de traballo colectivo coas Brigadas deseucaliptizadoras (+info).

A acción encádrase na Mobilización Global polo Clima e é preciso inscribirse ata o día 20 de setembro (pois a participación inclúe xantar xornaleiro).

Punto de encontro

 

14:00-16:00 : Xantar xornaleiro.

Ofrecido pola Comunidade a todas as persoas voluntarias participantes na ronda de traballo (imprescincible apuntarse ata o día 20). Alternativamente, quen non participe nos traballos e chegue soamente para o xantar poderá traer a súa comida.

 

16:00-17:00 : Presentación do libro

“Mancomunidade: uma terra livre sem estado”, de Joám Evans (publicado por Ardora (s)edições anarquistas)

 

17:00 a 19:00 : Roteiro libertario “Nas pegadas do Curuxás e da Coluna Sanfins”

Desde Froxán, veremos o agocho do Curuxás e a base de operacións da CNT na clandestinidade con Sangenís entre 1940 e 1947, reconstruiremos o asalto do Curuxás á mina en 1937, visitaremos o Local Sindical da CNT levantado en 1936 e, ao seu pé, renderemos homenaxe no monumento à Coluna Sanfins.

 

Call Now ButtonChámanos