A CNT demanda a Servicios Sanitarios de la Coruña SL por despedimento

  • A empresa oculta o despedimento na suposta cobertura dunha excedencia
  • As cantidades adebedadas ao traballador superan os cinco mil euros

A CNT inerpçon unha demanda por despdimento contra a empresa Servicios Sanitarios de la Coruña SL, empresa concesionaria do transporte hospitalario programado e non urxente da área sanitaria da Coruña.

O traballador fora contratado en fraude de lei, pois un contratado realmente indefinido foi realizado pola empresa como temporal, alegando como causa de temporalidade unha circunstancia de interinidade, neste caso a substitución doutro traballador por razón do desfrute dunha excedencia de dito traballador. Sen embargo, a CNT asegura que “nin sequera se trata do mesmo posto de traballo nin do mesmo servizo” e que “en realidade o traballador despedido estaba a cubrir un posto permanente e estrutural na empresa“.

A CNT considera fundamental a loita sindical para “acabar con estas prácticas empresariais abusivas e ilegais” e denuncia “a existencia de empresas de servizos que non teñen outra finalidade que traficar con man de obra, o que supón un aumento da temporalide dos contatos desde bases ilegais e fraudulentas e, así, a extensión da precariedade laboral”.

Call Now ButtonChámanos