A CNT denuncia as condicións de traballo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Pontevedra

  • A CNT denuncia graves deficiencias en materia de prevención de riscos e saúde laboral
  • O Concello tampouco tería ao persoal correctamente encadrado na Seguridade Social

A CNT denuncia diversas irregularidades, que cualifican de moi graves, no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Pontevedra. Segundo o sindicato anarquista, o Concello non facilita a avaliación de riscos nin a planificación preventiva do servizo, o que “provoca un grande desamparo dos profesionais ecrea unha situación de perigo permanente“. Recálcase desde a CNT que esta información se solicitou tanto aos responsábeis municipais como ao Delegado de Prevención do Concello, “peticións das que non se recibiu resposta en ningunha ocasión, o que supón un grave incumprimento e pode implicar incluso responsabilidades penais por parte do Concello e do delegado de Prevención“.

Aínda máis, a CNT denuncia a inexistencia dun plan de formación e de EPIs axeitados para levar a cabo as labores dun servizo que desenvolve nunha ampla porcentaxe actividades de máximo risco. Tamén se denuncia a inexistencia de procedementos de traballo para levar a cabo as funcións con garantías, o que implica “un risco permanente para toda a poboación“.

 Asemade, a CNT denuncia que o persoal está neste momento encadrado no grupo de cotización 84.11, de persoal auxiliar administrativo, cando en realidade debería estar no 84.25 de proteción civil. Desde o sindicato reclámase “o recoñecemento de todos os dereitos inherentes a este grupo de cotización“.

Call Now ButtonChámanos