O GES de Muiños esixe a fixeza dos seus contratos

  • A CNT demanda o recoñecemento dos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de muiños como persoal laboral fixo
  • O GES constituíuse en 2013 e ampliáronse en 2016 tras superar o persoal un proceso de concurso-oposición e están vinculados desde entón ao Concello de Muiños como persoal laboral temporal.
  • O Concello realiza contratos por obra en fraude de lei

Actualmente os contratos do persoal dos distintos GES en Galicia están vinculados á renovación do convenio marco que Xunta, Deputacións e FEGAMP elaboran e ao que se adhiren posteriormente os Concellos que son base dos GES. Así, os traballadores e traballadoras deste servizo de emerxencias fundamental para a cidadanía declaran atoparse “bastante intranquilos” nunha situación de incertidume onde ven perigar os seus postos de traballo e onde non reciben “nin a máis mínima explicación” sobre o seu futuro laboral por parte de ningunha das distintas administracións intervintes no seu marco regulatorio.

Para o sindicato CNT, os Concellos base dos GES deberían facerse cargo dos seus traballadores e traballadoras como “mostra de responsabilidade co servizo de emerxencias e coa cidadanía” e sinalase que nomeadamente o Concello de Muiños incorre en graves irregularidades “non so ao realizar contratos eventuais para traballos de carácter permanente, senón que nin sequera conta cunha Relación de Postos de Traballo ao que adscribir ao seu persoal”.

A reclamación da fixeza do persoal do GES ten sido unha reclamación permanente da CNT desde que se creou este servizo, tendo conseguido unha sentenza pioneira neste sentido no Concello de A Guarda, histórica ao ter sido a primeira sentenza no estado Español que recoñece a fixeza dos traballadores temporais do sector público. Nos últimos meses a fixeza foi conseguida tamén por diferentes GES organizados na CNT.

Call Now ButtonChámanos