A CNT demanda a KEYCOES CONSULTORÍA Y SERVICIOS por despedimento

• O traballador foi despedido alegando falta de rendimento

• As cantidades adebedadas pola empresa achéganse aos 2.000 euros

A CNT interpón unha demanda por despedimento contra a consultora KEYCOES, que ven de despedir a un traballador contratado en freude de lei alegando unha suposta diminución da rendibilidade cando, segundo a CNT, en realidade “trátase da forma habitual de desfacerse de traballadores temporais que deberían ser indefinidos para que non poidan exercer o seu dereito de acceso á estabilidade laboral á contratación indefinida conforme á lei“.

O carácter improcedente do despedimento non ofrece ningunha dúbida para a central anarcosindicalista, dado que “a empresa nin sequera especifica datos nin precisa circunstancias desa suposta baixada no rendimento do traballo, e chega a consignar no finiquitounha cantidade en concepto de indemnización, cando os despedimetnos deste tipo, de ser certos, non levan aparellada indemnización de ningún tipo“.

Para alén desta circunstancia, a empresa aínda lle adebeda ao traballador outras cantidades salariais, como por exemplo a nómina do mes de Xullo ou as cantidades derivadas das vacacións non desfrutadas. A CNT considera fundamental a loita sindical para “acabar con estas prácticas empresariais abusivas e ilegais” e denuncia “a existencia de empresas de servizos que traballan para grandes corporacións bancarias é Keycoes e que non teñen outra finalidade que traficar con man de obra, o que supón un aumento da temporalidade dos contratos desde bases ilegais e fraudulentas e, así, a extensión da precariedade laboral”.

 

Call Now ButtonChámanos