- O persoal público temporal está farto xa da súa situación indefinida de abuso e reclama que as Administracións públicas cumpran xa coas disposicións do Tribunal Europeo de Xustiza.
- Acudiron en representación dos traballadores do Consorcio galego de Igualdade e Benestar, dos bombeiros forestais, de Augas de Galicia, do resto da Xunta de Galicia e doutras administracións públicas galegas caracterizadas pola fraude e o abuso do persoal temporal.
O persoal público temporal galego convocado pola CNT concentrouse este sábado 13 na Igrexa de San Domingos de Bonaval onde tiña lugar a investidura de Alfonso Rueda.
Berros de “Rueda escoita, o teu plantel en loita”, “Con tanto temporal, algo estás facendo mal” ou “Fixeza xa” foron constantes na protesta dos empregados e empregadas públicas temporais que acudiron en representación dos traballadores do Consorcio galego de Igualdade e Benestar, dos bombeiros forestais, de Augas de Galicia, do resto da Xunta de Galicia e doutras administracións públicas galegas caracterizadas pola fraude e o abuso do persoal temporal.
O persoal público temporal está farto xa da súa situación indefinida de abuso e reclama que as Administracións públicas cumpran xa coas disposicións do Tribunal Europeo de Xustiza.
Particularmente na Xunta de Galicia, exemplo de trato lamentable aos seus traballadores e traballadoras temporais, reclámase a paralización inmediata dos procesos de estabilización e a conversión a fixo segundo a doutrina europea.
Por último, desde a CNT anúnciase unha nova protesta do persoal público temporal o vindeiro xoves 25 de abril en A Coruña ás portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Stop Abuso ao persoal temporal!
Fixeza XA!