- A CNT reclama que é unha represalia tras a demanda para a fixeza que o traballador presentou en 2020 cuxo xuízo se celebrará proximamente.
- Tras tres anos no posto o Concello extingue o contrato do traballador para “non facelo indefinido”
A CNT reclama a nulidade do despido dun traballador do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES). Tras tres anos cubrindo un posto, estrutural e permanente, o Concello de Quiroga extingue a relación por “expiración da duración máxima” do seu contrato temporal. O resto dos traballadores do GES, pese a ter o mesmo contrato temporal “expirado”, continúan a traballar.
O Concello tomou a decisión de despedilo tras a presentación en 2020 dunha demanda de fixeza pola que proximamente se celebrará un xuízo. A CNT reclama que o traballador é indefinido, xa que a ampla xurisprudencia impide que se realicen contratos temporais para cubrir un posto estrutural e permanente, posto que dende agora cubrirá outra persoa.
«O feito de contratar de xeito inmediato a unha persoa para desenvolver as funcións que desenvolvía o traballador pon de manifesto que ocupaba un posto estrutural» declaran dende o Gabinete Sindical da CNT. Todo indica a que o Concello tomou a decisión de despedilo antes de que se declarase o fraude da relación laboral coas consecuencias que iso supón.