- A Inspección de Traballo obriga ao Concello de Poio elaborar unha avaliación e planificación específica en materia de prevención de riscos psicosociais
- O requirimento deriva da inasumible carga de traballo do persoal de limpeza
Como resultado da denuncia prantexada pola CNT no Concello de Poio, a Inspección de Traballo obriga a elaborar unha avaliación e planificación específica en materia de prevención de riscos psicosociais para todo o persoal do Concello.
A denuncia iniciase pola inasumible carga de traballo do persoal de limpeza, que con contratos a xornada parcial ten que afrontar unha carga de traballo que resultaría inadecuada incluso para unha xornada completa. En relación con isto, dende a CNT recórdase que o Concello de Poio debe dar cumprimento ao disposto no convenio colectivo e aumentar a xornada dos contratos a tempo parcial antes de acometer novas contratacións.
Dende o sindicato laméntase que o Concello siga a levar a cabo unha práctica non so ilícita, senón que implica unha evidente discriminación por razón de sexo, toda vez que so afecta ao sector feminizado a limpeza de edificios e non afecta a ningún outro servizo do Concello. Dende a CNT evidénciase que esta práctica é común a todos os partidos políticos, pois se agora é levada a cabo polo PP e anteriormente foi aplicada de maneira continuada polo BNG, e lémbrase que xa noutras ocasións os concellos foron condenados por discriminación ao aplicar condicións de traballo diferenciadas ao persoal da limpeza de edificios, como por exemplo no Concello de Cangas do Morrazo
O Tribunal Superior de Xustiza concorda coa CNT e recoñece discriminación salarial por cuestión de sexo nas limpadoras do Concello de Cangas