8 de marzo. Día da muller traballadora. Creadoras dun mundo novo

A muller traballadora está a ser unha vez máis a gran esquecida da axenda política e os medios de comunicación. O paro feminino ha aumentado neste xaneiro en 32.000 mulleres, unha porcentaxe que duplica ao dos homes, mentres seguimos abocadas á parcialidade e a temporalidade dos contratos, sen que, ao parecer, nada diso faga necesario dedicarnos un só deses anuncios de medidas estrela cos que o goberno acapara titulares.

Seguir lendo 8 de marzo. Día da muller traballadora. Creadoras dun mundo novo

A CNT ven de constituír sección sindical en ALS Life Sciences Galicia

A CNT ven de constituír a súa sección sindical no centro de traballo de ALS Life Sciences Galicia en Santiago de Compostela, no polígono do Tambre. Este centro de traballo conta cunha ampla plantilla que traballa para esta empresa de ensaios, inspección, certificación e verificación industrial. Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita de todo o persoal, a través da que canalizar as súas demandas e reivindicacións.

Seguir lendo A CNT ven de constituír sección sindical en ALS Life Sciences Galicia

Empresas recuperadas: resistencias da clase traballadora ao ultraliberalismo na Arxentina. Entrevista a Andrés Ruggeri.

A recuperación de empresas polos traballadores (ERT) é un movemento que, desde a súa aparición, a partir da segunda metade do século XX en Arxentina, non parou de crecer, estendéndose por outros países do continente americano. Os últimos datos din que o número de empresas expropiadas existentes na actualidade, só na área de Buenos Aires, Arxentina, se aproxima ao medio milleiro.

Seguir lendo Empresas recuperadas: resistencias da clase traballadora ao ultraliberalismo na Arxentina. Entrevista a Andrés Ruggeri.

Centos de temporais da Xunta enfróntanse ao despedimento tras os procesos de estabilización

A aplicación da Lei 20/21 de estabilización do persoal público temporal está a xerar unha situación sen precedentes na Administración pública galega: Centos de traballadores e traballadoras temporais da Xunta de Galicia atópanse, neste final de ano, ao bordo do despedimento tras a publicación dos baremos definitivos dos procesos de estabilización.

Seguir lendo Centos de temporais da Xunta enfróntanse ao despedimento tras os procesos de estabilización
Call Now ButtonChámanos