- O Concello renunciaría a ser a sede do Grupo de emerxencia supramunicipal e aplicaría un Modificación substancial das condicións de traballo, MSCT
- A MSCT afectaría a once traballadores, e deixará sen servizo de emerxencias a catro concellos de Galiza
- A decisión da alcaldía sería unha represalia contra as demandas presentadas polo persoal
O Concello de Cervo acaba de comunicar a súa intención de aplicar unha MSCT contra o persoal do GES, de maneira que a partir do 31 de decembro os once traballadores que conforman o servizo deixarán as emerxencias e pasarán a ocupar outras funcións no Concello.
A propia xunta de Goberno municipal decide non renovar o convenio coas deputacións e a FEGAMP e renuncia a ocuparse das emerxencias no seu territorio a causa da demnda en materia de prevención de Riscos laborais presentada pola sección sindical da CNT no Concello, sección na que se organiza o 80% do GES. Así, o alcalde pretendería facer pasar por unha xustificación para esta MSCT a renuncia a un servizo que ofrece un servizo esencial á cidadanía e que ademais garante o superávit para as contas municipais.
A alcaldesa recoñece neste escrito que a modificación se produce polas consecuencias que tería o feito de ter que acatar a obriga de desenvolver o servizo en condicións de seguridade para os seus membros. É evidente así o carácter de represalia que sostén este despedimento que, ademais, está xa decidido antes de iniciar a fase de negociación colectiva obrigatoria.
Neste sentido, a renuncia do Concello de Cervo ao GES, levada a cabo mediante escrito pola xunta de goberno municipal, xa implica a mobilidade funcional do persoal do GES, todo isto ademais sen prantexar ningunha medida alternativa. Desta maneira, desde a CNT, considérase a MSCT “unha vulneración flagrante dos dereitos máis básicos do persoal” e desde a central anarcosindicalista anúnciase que, de levarse a cabo, “impugnarase por nulo este procedemento, que ademais pode supoñer unha práctica incluso prevaricante ou malversadora”.
Pero, máis aínda, desde o Concello pretendiase excluír da negociación ao propio persoal do GES, case na súa totalidade afiliado á CNT, o que implica, na práctica, o impedimento do exercicio da negociación colectiva, o que sería un nova vulneración dos dereitos fundamentais dos traballadores. Finalmente, a sección sindical incorpórase á comisión negociadora co obxectivo de manter a totalidade dos postos de traballo dedicados ao traballo integral de emerxencias e explorar a posibilidade de calquera alternativa que acepte esta premisa básica. Coincidindo precisamente coa celebración da próxima reunión da comisión de negociación, o día 17 de decembro, ás 10:00, convócase un acto de protesta na Casa do Concello de Cervo.
Desde a CNT chámase a atención sobre as graves consecuencias que terá a desaparición deste servizo, que deixará sen servizo de emerxencia á práctica totalidade da mariña de Lugo, e recórdase que aínda é posible reverter as súas consecuencias, retirando a renuncia ao GES e deixando sen efecto o anuncio do procedemento de MSCT. Desde a sección sindical considérase que a medida aínda pode ser retirada e quedar sen efecto, simplemente se precisa vontade política para facelo, e para iso é necesario presionar con actos como o do día 17 e os que iremos convocando nos vindeiros días.






