GES A Pontenova

O GES de A Pontenova reclama a fixeza dos seus postos de traballo

  • Os traballadores do GES de A Pontenova reclaman a fixeza dos seus contratos como empregados públicos do Concello.
  • Os procesos de selección superados e as tarefas desenvolvidas non poden ser realizadas con contratos de carácter temporal.
  • A CNT reclama a regularización da relación laboral para protexer os servizos públicos do Concello.

Na actualidade, Xunta, Deputacións e FEGAMP elaboran o convenio marco ao que posteriormente adhírense os Concellos de Galicia para a contratación dos distintos GES. Con isto, a estabilidade duns postos de traballo fundamentais para un correcto servizo público para os habitantes do Concello deixa bastante que desexar. Os traballadores atópanse “bastante intranquilos” e con unha situación de incerteza na que non teñen garantías da continuidade na súa base de traballo. Os Concellos de Galicia veñen desempeñando estratexias semellantes sen ofrecer a estes empregados públicos “nin a máis mínima explicación” sobre o seu futuro laboral. As administracións públicas fan caso omiso das reclamacións e reivindicacións dos traballadores e o servizo vese resentido.

A CNT considera que son os propios Concellos os que deben ter unha “mostra de responsabilidade co servizo de emerxencia e coa cidadanía” e pasar a contratar de forma fixa a estes traballadores. A labor imprescindible destes grupos non pode quedar

Por outra banda, o Concello de A Pontenova incorre en graves irregularidades “non so ao realizar contratos eventuais para traballos de carácter permanente, senón que nin sequera conta cunha Relación de Postos de Traballo ao que adscribir ao seu persoal”.

A reclamación da fixeza do persoal do GES ten sido unha reclamación permanente da CNT desde que se creou este servizo, tendo conseguido unha sentenza pioneira neste sentido no Concello de A Guarda, histórica ao ter sido a primeira sentenza no estado Español que recoñece a fixeza dos traballadores temporais do sector público. Nos últimos meses a fixeza foi conseguida tamén por diferentes GES organizados na CNT.

Call Now ButtonChámanos