Nova vitoria sindical no restaurante Beher de Compostela

Desde a CNT informámosvos dunha recente situación laboral no restaurante Beher, especializado en xamóns e situado na zona vella de Compostela. Este restaurante, especialízase tamén na estratexia da imposición de sancións disciplinarias inventadas para levar a cabo despedimentos das traballadoras que lle resultan reivindicativas e por iso lles incomodan, unha táctica que lamentablemente vimos empregar noutras ocasións.

Este tipo de actuacións, aínda que ilegais, poden xerar incerteza e temor entre as traballadoras. É fundamental que saibamos que non estamos sós e que desde o sindicato estamos preparadas para defender os nosos dereitos ante este tipo de situacións. Tras a denuncia da CNT a empresa viuse obrigada a recoñecer a improcedencia do despedimento e pagar as indemnizacións correspondentes.

Este resultado é unha mostra de que a loita sindical dá os seus froitos e que as empresas non poden actuar impunemente. É importante que a clase traballadora saiba que existen mecanismos para protexerse ante despedimentos disciplinarios e que o apoio do sindicato é fundamental nestes casos.

Se te atopas nunha situación similar ou necesitas asesoramento laboral, achégate á CNT!

Call Now ButtonChámanos