Nova sentenza de fixeza no Servizo de Prevención de Incendios Forestais

  • Continúa o recoñecemento xudicial das fixezas no SPDCIF
  • A Xustiza volta novamente a dar a razón aos argumentos defendidos polo Gabinete Xurídico da CNT dende o principio do conflito.

Dende a CNT valórase moi positivamente cada unha das sentenzas estimatorias de fixeza que se están a dar. A sí mesmo considera que se está mantendo unha cadencia de sentencias estimatorias.


O Xulgado do Social nº 1 de Lugo estima a demanda de fixeza dunha traballadora do SDPCIF, tras a demanda presentada pola CNT. Deste xeito, o xulgado dá a razón aos argumentos de fixeza esgrimidos sempre polo Gabinete Xurídico da CNT fronte á fraude na contratación e o abuso na temporalidade existente no sector público. Esta nova sentenza entende que a traballadora superou un proceso selectivo que respectaba os principios de “publicidade, capacidade, igualdade e mérito” necesarios para o acceso ao emprego público de maneira fixa.


Neste caso, a traballadora superou un proceso selectivo para unha praza fixa, pero a administración relegouna a un listado para contratación temporal. A traballadora foi destinada posteriormente a unha praza estructural pero cun contrato temporal, temporalidade que se extendeu durante 20 anos.


Desde o sindicato considérase que na actualidade todas as traballadoras do organismo deben manter os seus postos de traballo (independentemente do xeito de acceso a administración) como sanción pola fraude e dadas as circunstancias de exclusión do mercado laboral ás que se verían expostas unha vez se producira o ERE prantexado pola Xunta.

Call Now ButtonChámanos