A CNT demanda a Autocares Serén SL por despedimento nulo

  • A empresa de transporte da Coruña despide a un traballador despois de recibir varias denuncias xudiciais e pola vía da Inspección de Traballo
  • A empresa intentara en varias ocasións pactar un despedimento co traballador, sen éxito

A CNT interpón demanta contra a empresa de transportes coruñesa, rexentada por Ángel Serén, despois de que esta despedise a un traballador alegando “unha serie delirante de malas conductas polas que o traballador nin sequera fora expedientado ou amonestado en ningunha ocasión“, e por ter “denunciado á empresa e ameazar con interpoñer máis denuncias“.

Para a central anarcosindicalista, o despedimento é unha represalia evidente despois dun ano no que o traballador non deixou de “reivindicar os seus dereitos a través do sindicato, debido a que se atopaba nunha situación extremadamente abusiva (xornadas interminables, non abono das dietas correspondentes, salario inferior ao establecido en convenio, falta de medidas en materia de prevención de riscos especialmente vinculadas aos excesivos períodos de condución, etc.) e horas extraordinarias, en concreto, reclamacións de cantidades, xornada, vacacións e cuestións relacionadas co prevención de riscos laborais“. A mesma Inspección de Traballo requeríu en varias ocasións á empresa para que cumprise o establecido en materia horaria no convenio colectivo e en materia de prevención de riscos pola lexislación vixente.

A empresa recoñece na carta de despedimento entregada ao traballador que este se produce, entre outros feitos, por se “jactar y vanagloriar por haber denunciado a AUTOCARES SERÉN SL“, e por ameazar á empresa con “interponer más “denuncias” ante el “Sindicato” y la “Inspección“.

Desde a CNT valorar a forma tan clara de mostrar os intereses empresarias por riba de calquera cumprimento da lei e por riba de calquera valoración sobre a dignidade dos seus traballadores, e queda así demostrada como a resposta da empresa é unha represalia directa contra un traballador que, “desde que reclamou a súa xornada, salario, vacacións e dereitos de protección da integridade física e saúde, o empresario so contemplou o despedimento como forma de solucionar a situación, e así llo indicou en repetidas ocasións ao traballador e aos seus representantes, que sempre indicaron que a empresa o que tiña que facer e cumprir coa lei e o convenio“.

 

Que dende que o actor reclamou a súa xornada, salario, vacacións e dereitos de protección da integridade física e saúde, o empresario intentou repetidamente que se aviñese a un despedimento obxectivo, ao que o actor sempre respostou que non quería perder o traballo, pero quería ter as condicións que marca a lexislación, especialmente en materia de xornada e tempos de condución. En ningún momento o traballador aceptou ningún pacto que pasase pola extinción da relación laboral. A empresa só contemplaba o despido como forma de solucionar a situación, e así llo indicou en repetidas ocasións ao traballador e aos seus representantes, que sempre indicaron que a empresa o que tiña que facer e cumprir coa lei e o convenio.

Call Now ButtonChámanos