A CNT demanda a ALONSOGASCO PLAZA CONSULTORÍA SL por despedimento

• O traballador estaba contratado en fraude de lei e foi despedido ao reclamarlle á empresa que lle aboase os salarios dos tres últimos meses traballados    

• As cantidades adebedadas pola empresa sobrepasan os 8.000 euros 

A CNT interpón unha demanda por despedimento contra a empresa AlonsoGasco Plaza, empresa que traballa entre outras facendo as instalacións de fibra óptica e antenas de multinacionais como VIASAT.

O traballador estaba contratado mediante un contrato de obra, sendo segundo a central sindical “manifestamente fraudulento, pois en realidade estaba a cubrir necesidades estruturais da empresa, polo que o contrato debía terse realizado por tempo indefinido”. Entre outros incumprimentos, tampoco se respectaba o salario sinalado no convenio colectivo pois de feito AlonsoGasco Plaza “non pagaba salario ningún, acumulando nómina tras nómina sen remunerar”, a realización de horas extraordinarias de maneira obrigatoria e sen remunerar, a obriga de empregar o vehículo propio para os desprazamentos en aboar ningún plus nin compensación e incluso o pago do adianto do material por parte dos traballadores. Para alén disto, o traballador é despedido logo de reclamar á empresa o pago destas cantidades.

Segundo a central anarcosindicalista, a empresa aduce “pérdidas económicas y continuadas en el tiempo”. Así, o despedimento prodúcese ao serlle notificada á empresa as reclamacións do traballador. Con todo, segundo a CNT, non se xustifica a causa da extinción laboral, o que fai aínda máis claro que se trata dunha represalia contra un traballador que exerceu o seu dereito a reclamar o que lle corresponde: “A carta de despidedimento limítase a facer unha simple remisión legal ao ET, pero sen engadir a máis mínima explicación. En efecto, na comunicación remitida ó traballador faise referencia a perdas económicas e continuadas de tempo sen o máis mínimo detalle explicativo, nin sequera sucintamente, sen facer referencia á evolución dos ingresos, nin á evolución dos gastos, nin número de clientes, nin comparación de exercicios económicos, etc”. 

A CNT considera fundamental a loita sindical para “acabar con estas prácticas empresariais abusivas e ilegais” e denuncia “a existencia de empresas multiservizos que non teñen outra finalidade que traficar con man de obra, o que supón un aumento da temporalidade dos contratos desde bases ilegais e fraudulentas e, así, a extensión da precariedade laboral”.

Call Now ButtonChámanos