As traballadoras do Consorcio galego de Igualdade e Benestar da xunta de Galicia estamos de folga para defender os nosos postos de traballo ante a ameza da Xunta do desmantelamento dos equipos de traballo dos centros de día, escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e resto de recursos do Consorcio IeB.
O señor Rueda, nada mais iniciar o seu mandato permite que moitas das mulleres traballadoras do Consorcio IeB quedemos na rúa, sen sequera falar co comité de folga para resolver este conflito.
Durante a semana protagonizamos multitude de actos de protesta por distintos puntos do país, algúns deles diante do propio presidente para darlle oportunidade de falar con nos, pero nin así.
Un resumo dos actos realizados realizados na primeira semana de folga é o seguinte:
LUNS 5: a primeira hora realizamos piquetes nas escolas infantís de San Roque e Trasparlamento en Compostela. En San Roque atopamos ao Xerente do Consorcio e a Xerente Adxunta das escolas infantís, coas que mantivemos unha breve conversa. Achegámonos á escola infantil de O Pino, onde acompañamos ao presidente Alfonso Rueda e a Conselleira de Política Social que non consideraron importante falar con nos. A media mañá fixemos concentración na sede do Consorcio en Compostela e posterior caravana de coches ata a Xunta en San Caetano. Para rematar a mañá asistimos a un acto do Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey na escola infantil de Vite tamén en Compostela.
MARTES 6: piquete na escola infantíl e no centro de día de Chantada, e no centro de día de O corgo. Estivemos en Tui acompañando de novo ao presidente Rueda na inauguración das obras da Vía de altas prestacións. Piquetes tamén na escola infantíl de Ourense, na escola de Arteixo, e reunión co tenente alcalde desa vila. Piquetes nas escolas infantís de
Toén en O Porriño e en Sada e reunión en Bergondo coa Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado.
MÉRCORES 7: piquetes nas escola infantís de Vigo e A Garda, onde o Xerente estaba inaugurando e de novo verbalizou a súa incomptencia para resolver este conflito. Tamén piquetes nas escolas de Ourense, Lalín e Oleiros. Estivemos na cidade da Cultura en Santiago nun acto con alcaldes e concellerios de toda Galicia, co Delegado Territorial da Xunta en Lugo, en Melide co Alcalde en funcións que nos mostrou o seu apoio, co Delegado Territorial da Xunta en Coruña e tamén co de Pontevedra. Tamén co director xeral de maiores. Vistamos os locais de varios sindicatos en A Coruña.
XOVES 8: manifestación na escola infantil de Eiris en A Coruña. Visita ao Consellerio de presidencia en Porto do Son. Piquete na escola infantil de Vilalba e reunión coa Alcaldesa. Con Marta Fernandez Tapia delegada territorial da xunta en Pontevedra no IES a Guía. Vista ao centro interxeneracional de Ourense e ao centro de dia Atalaia de Vigo. As dúas escolas infantís de Burela. En Pontecaldelas vista á escola infantil e reunión co Alcalde quen fixo apoio explicito nas redes á nosa causa. Escola infantil de Mondoñedo e de Foz. No Concello de Oleiros, aparece nos seus luminosos apoio explícito á nosa causa.
VENRES 9: piquetes nas escolas infantís de Vilaxoan en Pontevedra, Carril, A Laracha e Taboada. Foto de apoio co portavoz da oposición en Taboada. En Santiago acompañamos ao presidente Rueda na vista a unha tenda de Florentino e na posterior inauguración do curso universitario cunha ruidosa concentración na praza de Fonseca, onde científicos da USC amosáronnos o seu apoio. Falamos con Ana Pontón en Santiago. Reunión co Alcalde de Vilagarcía e apoio nas redes á nosa causa Escola infantil de Coles e centro de día. Entrega en man dunha carta ao gabinete do presidente en Santiago.
Para finalizar as traballadoras afirmamos con rotundidade que continuaremos coa folga e coas protestas, a pesar dos servizos mínimos abusivos e do abuso da súa aplicación.
Non nos queda mais remedio que facelo para denunciar a inxustiza dun proceso de estabilización que rematará por desfacer o servizo público que atende a maiores, crianzas e persoas vulnerables.
As que estamos, quedamos!!
Podes acceder á charla na que se ofrece unha valoración das accións durante esta semana.