Presentación do libro: “Ecofascismo. Una introducción”

Este venres 16 ás 19h no salón de actos da Facultade de Filosofía de Compostela contaremos coa presenza de Carlos Taibo para levar a cabo a presentación do seu novo libro: “Ecofascismo. Una introducción”.

Neste libro Taibo considera que o cambio climático e a caída das materias primas lévanos a unha nova forma de fascismo para preservar para unha minoría os recursos mundiais.

Carlos Taibo foi durante trinta anos profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid. Entre os seus libros cóntanse Colapso (2016), Ante o colapso (2019) e Decrecimiento: unha proposta razoada (2021).

Call Now ButtonChámanos