XII Congreso da CNT en Canovelles

  • Comeza o XII congreso da CNT: Construíndo o novo sindicalismo.
  • Do 2 ao 6 de decembro en Canovelles.

Dende o 2 ao 6 de decembro realizarase o XII Congreso da Confederación Nacional do Traballo (CNT). Todo está preparado xa en Canovelles, un municipio obreiro da comarca do Vallès Oriental (Barcelona). Este é o primeiro congreso que a CNT celebra en Catalunya dende 1983.

O congreso é o máximo órgano de decisión da CNT e contamos cunha asistencia de máis de 290 delegados e delegadas e máis de 50 observadores que representarán a 51 sindicatos de todo o estado. Así mesmo asistirán máis de 30 representacións de entidades, organizacións e colectivos invitados como, por exemplo, outras centrais sindicais afiliadas a Confederación Internacional do Traballo (CIT), organizacións sociais, pola vivenda, ecoloxistas, ateneos e organizacións do movemento libertario.

Máis información sobre o XII congreso premendo aquí.

O congreso vai acompañado dunha interesante axenda cultural que se pode consultar aquí.

Call Now ButtonChámanos