Unha vez máis, à porta de Pizza Móvil

Continuando coa campaña pola readmisión da compañeira delegada da sección sindical de CNT despedida, manifestamo-nos diante do estabelecemento que a empresa ten no Milladoiro (Ames).

Unha dúcia de compañeir@s xuntamo-nos para protestar, sendo recebid@s con certa simpatia pol@s traballador@s alí presentes. Repartimos quiñentos panfletos ao tempo que polo megáfono lanzamos proclamas encontra das práticas anti-sindicais da empresa. Coa mesma, marchamos coa música a outra parte.

Lembrar que a compañeira foi despedida despois de ter-lle sido asegurada a sua renovación de contrato, mas ao coñeceren que a compañeira fora elexida delegada da sección sindical de CNT, non lle foi renovado o contrato. Para alén destas concentracións, estamos à espera da resolución do contencioso na via xudicial.

Call Now ButtonChámanos