Onte, dia 15 de Setembro, constituia-se a Sección Sindical da CNT en Mercadona de Lugo ; que elixiu como delegado da mesma ao compañeiro Juan Luis.
Cal foi a razón para adiantar esta decisión, prevista para mái adiante ? A falta de unha táctica sanamente obrera dos outros sindicatos, que só procuran o número de delegados nese enxendro do Comité de Empresa a fin de conseguir un falso ascendente físico, porén pertencer a el fai perder todo ascendente moral ; táctica agravada poa imediata realización das elecciones sindicais en Mercadona.
E cales van ser as consecuéncias desta decisión da CNT? Facer frente a todo o que daña aos trabajadores e traballadoras nesa empresa e, lóxicamente, exixir o imediato fin do terrorismo que pratica : acabar co acoso, readmitir aos despedidos… e o resarcimento dos males que a sua política de terrorismo empresarial trai consigo.
Non deixará, ademáis, a Sección Sindical da CNT de recordar, aos outros sindicatos que están en Mercadona, que as suas loitas inter-sindicais, principalmente as suas vendas ao estilo UGT, só traen consigo o fortalecemento do noso verdadeiro inimigo : a patronal.