As traballadoras do Consorcio galego de Igualdade e Benestar da xunta de Galicia estivemos en folga dende o 5 o 16 de setembro e continuaremos dúas semanas ó mes ata decembro para defender os nosos postos de traballo ante a ameza da Xunta do desmantelamento dos equipos de traballo dos centros de día, escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e resto de recursos do Consorcio IeB. Como xa aconteceu durante a primeira semana de folga, as accións sucedéronse diariamente en todas as provincias galegas con moita intensidade. Nalgunhas destas accións o própio presidente foi testigo e a súa actitude non mudou respecto da semana anterior. A efectos informativos ofrecemos un resumo dos actos realizados nesta segunda semana de folga: Concentracións e inspeccións de servizos mínimos nos seguintes centros: Escolas: – Zas – Malpica – Carballo – Vilamarín – Antas de Ulla – Pantón – Barro – Portas – Fene – Meira – A Parda (Pontevedra) – Campus (Pontevedra) – A Fonsagrada – Nogueira de Ramuín – Esteiro (Ferrol) – Caranza (Ferrol) – Escola Perlio (Fene) – Barallobre (Fene) – Boiro – San Roque (Compostela) – Veigadaña (Mos) – Coto Torrón (Mos) – Tui – Sada Centros de atención a persoas maiores: – Outes – Muros – Cabana – Abadín – Pantón – Portas – Boiro – Sada Contactos e apoio dos alcaldes e membros do equipo de goberno dos seguintes concellos: – Barro – Zas – Outes – Vigo – Muros – Pantón – Meira – Mondoñedo – O Valadouro – Pontedeume – Tui – Nogueira de Ramuín – Barrocás – Pereiro de Aguiar – Cambre – Meis Así mesmo establecerónse citas para as vindeiras semanas cos alcaldes de Lugo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense e Villamarín. Escraches a altos cargos públicos: – Escrache o director xeral de discapacidade Fernando González Abeijón – Escrache o Vicepresidente Diego Calvo – Escrache e diálogo co delegado territorial da Xunta en Pontevedra nun acto na sede de Afundación Pontevedra – Escrache e dialogo en Sober para recibir ao Director xeral do Maior. – Escrache en Lugo para recibir novamente o director xeral do maior. – Escrache ó presidente Rueda nos viñedos de Martín Codax – Escrache e concentración na sede do Consorcio e diante da oficina do xerente Perfecto Rodríguez – Diego Calvo e Gonzalo Trenor nun acto da escola de economistas na Coruña A parte de todas estas accións, chegaron informacións por medio das compañeiras de que nos seguintes centros os accesos foron inutilizados durante esta semana: – A Pobra – Abadin – Zas – Malpica – Centro de día de Portas – Escola infantil de Portas – Centro de día de Abadín – Centro de día do Corgo – Marín – Escola infantil de San Roque (Santiago) – Fene – Moaña – Escola infantil de Carril (Vilagarcía) – Centro de día Atalaia (Vigo) – Centro de día de Muros – Centro de día de Sada – Escola infantil de Sada As traballadoras continuaremos coa folga e coas protestas, a pesar dos servizos mínimos abusivos e do abuso da súa aplicación. Non nos queda máis remedio que facelo para denunciar a inxustiza dun proceso de estabilización que rematará por desfacer o servizo público que atende a maiores, crianzas e persoas vulnerables. As que estamos, quedamos!! |
