RESUMO DAS ACCIÓNS NA SEGUNDA SEMANA DE FOLGA EN OUTUBRO NO CONSORCIO IeB
As traballadoras do Consorcio galego de Igualdade e Benestar da xunta de Galicia manteñen a convocatoria de folga de dúas semanas cada mes dende setembro a decembro para defender os nosos postos de traballo ante a ameza da Xunta do desmantelamento dos equipos de traballo dos centros de día, escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e resto de recursos do Consorcio IeB.
Como xa aconteceu durante as semanas de folga en setembro, as accións sucedéronse diariamente en todas as provincias galegas con moita intensidade. Nesta semana centráronse as accións en protestas nos actos do presidente Rueda (aínda que reduciu ata o máximo os seus actos na comunidade), acadar apoios en concellos e cortes de tráfico nas cidades.
Durante esta semana función pública convocou o comité de folga para unha reunión o martes en San Caetano, polo que se demostra que a folga e a presión exercida durante este tempo son efectivas. A presión seguirase mantendo ata acadar unha solución satisfactoria o conflito.
A efectos informativos ofrecemos un resumo dos actos realizados nesta semana de folga:
Luns 10/10/2022:
Concentración no edificio dos sindicatos en Compostela.
Concentración nos SSCC do Consorcio.
Escrache a Rueda nun acto na Real Academia Galega.
Martes 11/10/2022:
Reunión do comité de folga con función pública.
Reunión co alcalde Xove.
Reunión co alcalde Cervo.
Reunión co alcalde de Foz.
Reunión coa alcaldesa de Xinzo.
Reunión coa alcaldesa de Tomiño.
Reunión co alcalde de Gondomar.
Xoves 13/10/2022:
Corte de tráfico diante do Parlamento Galego en Compostela.
Reunión coa alcaldesa de Lugo.
Reunión co alcalde de Baiona.
Venres 13/10/2022:
Concentración en servizos centrais do Consorcio en Compostela..
Reunión co vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense.
É preciso aclarar que nas reunións coas alcaldías acadáronse numerosos compromisos de apoio que se materializarán nas mocións presentadas nos plenos respectivos. Nestas mocións esíxeselle a xunta que negocie co comité de folga para buscar unha solución ó conflito.
As traballadoras continuarán coa folga e coas protestas, a pesar dos servizos mínimos abusivos e do abuso da súa aplicación.
Non nos queda máis remedio que facelo para denunciar a inxustiza dun proceso de estabilización que rematará por desfacer o servizo público que atende a maiores, crianzas e persoas vulnerables.
As que estamos, quedamos!!