Represión no Concello de Castro Caldelas pola activade sindical da CNT

  • O Concello de Castro Caldelas comeza coas represalias pola actividade da sección sindical da CNT
  • Tras a vitoria xudicial en materia de xornada laboral, a Alcaldesa-Presidenta do Concello trata de modificar os horarios do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)
  • O sindicato continuará denunciando estes e todos os incumprimentos do Concello cos traballadores e traballadoras

A actividade sindical está dando os seus froitos no Concello de Castro Caldelas. Como represalia á sentenza conseguida polo Gabinete Xurídico da CNT onde se recoñecía o dereito dos traballadores de pasar dende as 1840 horas anuais ás 1665 horas anuais, a Alcaldesa-Presidenta do Concello de Castro Caldelas comunica o cambio nos cuadrantes anuais entregados con antelación aos traballadores e traballadoras do servizo. Utilizando argumentos peregrinos e baseados en artigos do Estatuto dos Traballadores baixo a propia interpretación do Concello, a responsable política do Concello trata de cambiar a xornada laboral alegando unhas causas organizativas que non mudaron dende antes de dita sentenza até o día de hoxe.

Dende a CNT estamos a comprobar como, tras o traballo sindical e a unidade dos equipos dentro das seccións sindicais, a patronal trata de revolverse con todo tipo de prácticas ilícitas e artimañas que poidan botar por terra todo o conseguido até a data. Con todo, a forza da unidade sindical é capaz non só de resistir, senón de avanzar na conquista de novos dereitos que melloren as condicións materias de vida da clase traballadora.

Call Now ButtonChámanos