Trala denuncia da CNT o Concello de Pontevedra debe formar adecuadamente ao persoal bombeiro

  • A Inspección de Traballo obriga ao Concello de Pontevedra a ofertar unha formación completa e específica en materia de prevención de riscos para o persoal bombeiro.
  • O Concello pretendía dar unha formación sen contido, on line e xenérica para todo o persoal funcionario.

Como resultado da denuncia prantexada pola Sección sindical da CNT no Concello de Pontevedra, a Inspección de Traballo obriga a elaborar un programa de formación adaptado ás necesidades do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento e polo tanto específico e diferenciado. Tamén obriga a que a formación sexa suficiente e axeitada ás necesidades e aos riscos especiais do servizo, polo que prohibe ao Concello levala a cabo na modalidad online.

Desde o sindicato laméntase que o Concello pretendese despachar a formación en canto á prevención de riscos dun servizo que implica perigo de morte e unha importante carga emocional de estrés nas súas intervencións con 30 horas de teleformación destinada a todo o persoal municipal.

O Concello conta cun mes para presentar un plan formativo anual adecuado e, de non facelo, desde a Sección Sindical avísase de que “demandaremos xudicialmente o cumprimento do requirimento da Inspección de Traballo” ao tempo que se lamenta desde o sindicato que “unha corporación que se di de esquerdas e socialista non sexa capaz de levar a cabo cos seus empregados un trato diferente ao que dispensan as peores empresas capitalistas”.

Call Now ButtonChámanos