- O xulgado recoñece a vulneración do dereito fundamental dos traballadores afectados
- A CNT agarda que MSF respecte a decisión xudicial e pide o cese da responsable de MSF
Nesta semana resolveuse a demanda presentada o pasado abril por CNT contra a ONG Médicos Sin Fronteras por discriminación por razón de nacionalidade nos contratos da compañeira e o compañeiro estraxeiros que traballan na captación de fondos para MSF adscritos á delegación da ONG en Compostela.
A sentenza do xulgado nº3 de Santiago de Compostela declara que “foi vulnerado o dereito fundamental (artigo 14 da Constitución)” da compañeira e compañeiro demandantes e “obriga a MSF a cesar na conducta de negar a conversión do contrato en indefinido con respeto á normativa vixente”.
Médicos Sin Fronteras, en decembro de 2014, decide cambiar os contratos temporais (en fraude de lei) dos equipos de captación de socias e socios por contratos indefinidos. Este cambio aplicase á totalidade do persoal exceptuando a traballadoras e traballadores que non son residentes nacionais, a pesar de contar con todos os permisos de traballo necesarios.
A pesar dos intentos dos propios traballadores afectados e do sindicato por chegar a unha solución deste problema con MSF, a ONG negouse a solucionar a situación irregular dos compañeiros. Así, CNT presentou demanda nos xulgados e desenvolveu durante varias semanas unha intensa campaña denominada “Moitas cores, mesmos dereitos” que visibilizou o conflito nas ruas compostelanas e de outras cidades do estado como: Barcelona, Madrid, Vigo, Zaragoza, Valencia ou Málaga.
Segundo indica CNT “agardamos que desde MSF se respecte esta decisión xudicial e non se demoren máis os trámites legais para que os traballadores discriminados deixen de estalo”. Fontes do sindicato adiantan que consecuentemente se pedirá formalmente responsabilidades á ONG que pasarían “polo cese de Carmen Moraño (Resp. Adm. Personas y RR LL) como máxima responsable desta situación”. Por último, CNT espera que “MSF informe desta sentenza a todo o seu persoal de captación de todo o estado ao que enganou e mentiu ao longo do conflito”.
A ONG Médicos Sin Fronteras non deixa de acumular sentenzas en contra, pois aparte desta por dicriminación, foi resolta tamén a favor de CNT a de modificación unilateral das condicións dos contratos coa que a ONG aproveitou a entrada en vigor dun novo convenio colectivo para modificar conceptos nas nóminas dos seus traballadores/as baixo unha falsa apareciencia de legalidade, pero revestindo no fondo a intención de non aplicar as melloras salariais pactadas por negociación colectiva
En curso aínda máis de 40 demandas contra MSF nos xulgados compostelanos destacando o conflito coletivo interposto por CNT solicitando a nulidade da cláusula de produtividade imposta pola ONG en todos os contratos que realiza, e o recente despedimento do captador de A Coruña afiliado a CNT nun claro acto de represión sindical.
#msfDiscrimina
Mais info: Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación
Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela
msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org
CNT en Médicos Sin Fronteras