#HostaleríaDigna: Defende os teus dereitos laborais

  • Nova campaña para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector da hostalería
  • Tras un ano incerto debido á pandemia, o sector recibe unha nova axuda do Estado que non pode quedar en máis beneficios empresariais e menos dereitos laborais
  • O sindicato estará ao longo do verán informando dos dereitos da clase traballadora do sector por toda Galiza

Son sobradamente coñecidos todos os incumprimentos levados a cabo pola patronal hostaleira en calquera dos ámbitos nos que está presente (bares, restaurantes, hoteis…). Con todo, durante o último ano e debido á pandemia, converteuse no sector onde máis axudas, bonificacións e beneficios destináronse dende o Estado español e a Xunta de Galicia. Tanto é así que, en moitas ocasións, os propios empresarios recoñecen non obter tantos beneficios nunca antes. Por iso, dende a CNT lanzamos a campaña #HostaleríaDigna para que todos os traballadores e traballadoras do sector estean ben informados dos seus dereitos laborais e non permitan que os empresarios continúen maximizando beneficios a costa dos dereitos laborais da clase traballadora. Fronte a unha posible chegada de axuda e subvencións europeas e relaxamento das medidas fronte ao COVID, a clase traballadora tamén debe estar organizada para que non sexan novamente os de sempre os que obteñan beneficio dunha situación xerada por un sistema capitalista que cada vez acurta máis os períodos entre crises para continuar maximizando a plusvalía da clase extractora.

Se traballas no sector da hostalería e queres obter información sobre os teus dereitos, presentar reclamacións pola falta de abono de horas extraordinarias, estar encadrado nunha categoría que non che corresponde ou estades pensando na creación dunha sección sindical no voso centro de traballo, non dubides en contactar co nós para que poñamos a organización ao servizo teus dereitos laborais como clase traballadora.

Deixa os teus datos e expón a túa situación para que o Gabinete Sindical poda poñerse en contacto contigo e plantexar unha extratexia sindical individual ou colectiva.

DEIXA OS TEUS DATOS

Call Now ButtonChámanos