Fronte ao comportamento mafioso de Urbaser, os traballadores de Lugo, en folga dende fai xa 34 días, permanecen fortes. Non hai argumentos para quitar a razón a estas persoas que día tras día manteñen as salubridade nas rúas lucenses. A empresa négase a dar o seu brazo a torcer e por enriba quéixase das perdas que a folga lles está a ocasionar. Sen readmisión de despedidos e retirada de sancións non hai negociación e punto. Desde CNT Lugo Seguiremos apoiando a súa loita na rúa ata que consigan o que piden. Non están a pedir nada que non sexa seu e, para que nos imos enganar, o que piden non é nada en comparación co capital que move a empresa do grupo ACS. Pero ese pouco é seu/noso, son os seus/os nosos dereitos. Non esquezamos, unha vez máis a nosa condición de traballadores/ás poñamos en práctica nosa capacidade de empatía. Máis merda aguantamos todos os días de parte deses que din que nos gobernan e a toleramos.