Os GES da Pontenova conseguen a fixeza tras a vitoria da CNT

Os GES da Pontenova conseguen a fixeza tras a vitoria da CNT

  • Oitavo Concello obrigado polos xulgados a asegurar os postos de traballo tras as denuncias do sindicato.O Concello é condenado tras a contratación fraudulenta dos integrantes do servizo.
  • O xulgado de Lugo condena ao Concello da Pontenova por contratar de forma fraudulenta ás persoas traballadoras dos GES.

Os Xulgados do Social de Lugo fallan a favor das traballadoras dos GES, que reclamaban a fixeza dos seus postos de traballo tras anos sufrindo a temporalidade. A Pontenova convertese no oitavo Concello obrigado a asegurar os postos de traballo dos Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), tras A Guarda, Muíños e Cervo.


A CNT leva anos reclamando ás administracións públicas que cumpran a lexislación vixente e afirman que continuarán nesta liña ata que todas as traballadoras públicas saian da situación de irregularidade. A mala praxe da Administración crea precariedade e temporalidade que afecta e deteriora a calidade dos servizos públicos.


Dende a sección sindical dos GES da Pontenova declaran que “Os servizos públicos deben estar asegurados con eficiencia e calidade, para conseguilo as traballadoras que os desenvolven deben dispoñer das condicións laborais axeitadas, o que inclúe a contratación” e engaden que confían na boa praxe do Concello á hora de manter este servizo.

Call Now ButtonChámanos