A Xunta de novo obrigada polo xulgado tras a denuncia da CNT

A Xunta de Galicia denegou ao noso compañeiro, bombeiro forestal condutor, a ampliación do permiso de paternidade á que tiña dereito.

Desgraciadamente, a Xunta “obriganos” a xudicializar todas as demandas da súa ineficiente xestión.

Non obstante, o xulgado dános novamente a razón, obrigando á Xunta a conceder a ampliación do permiso de paternidade ao noso compañeiro, xunto cunha indemnización por danos e prexuizos.

Non deixes de reclamar os teus dereitos, contra os abusos da Xunta, conta coa CNT!

Call Now ButtonChámanos