A CNT demanda a forestal Damián Martínez por impago de cantidades

  • A empresa Damián Martínez non respecta o Convenio Colectivo de aplicación e aboa salarios por debaixo do mesmo
  • Ademáis de realizar traballos de categorías superiores ás do contrato, a empresa deixaba tamén de aboar conceptos salariais recollidos na norma convencional
  • Unha vez rematada a relación laboral, a empresa tampouco aboa as cantidades devengadas polo cese

A CNT denuncia os incumprimentos en materia de cantidades levados a cabo pola empresa Damián. Nesta ocasión, saltándose todos os conceptos retribuibles do Convenio Colectivo de aplicación, a empresa incumpre de maneira sistematica cos traballadores e traballadoras que son contratadas. Deste xeito, os beneficios empresarias vense incrementados ao percibir o persoal cantidades que chegan a supoñer ate 500 € menos do indicado no Convenio Colectivo. Por outra banda, ademais do incumprimentos económicos, a empresa realiza contratos en fraude de lei e obriga ás persoas traballadoras a asinar contratos temporais en lugar de contratos que deberían ser indefinidos dende o primeiro dada a estruturalidade do posto de traballo.

A CNT continuará denuncia estes e todos os incumprimentos empresarias do sector.

Call Now ButtonChámanos