A CNT celebra a súa IV Asemblea Xeral

  • Neste importante comicio debe valorarse a marcha do sindicato nos últimos dous anos e fixar un novo Plano Estratéxico.
  • Tamén será elixido un novo comité local tras o vencemento do mandato do anterior

A CNT de Compostela celebra no comezo do outono a súa Asemblea Xeral con toda a afiliación do Sindicato. Neste importante comicio pretendemos valorar a actividade desenvolvida ata o momento e elaborar planos de traballo para o futuro.

Esta asemblea pretende recuperar o ritmo de asembleas xerais despois da suspensión da anterior asembleas polas limitacións á mobilidade impostas durante a pandemia. A data escollida para a súa celebración será o sábado 23 de outubro, comezando comezando pola mañá ás 09:30 no salón do SERGAS en San Lázaro en Compostela

Nesta asemblea tratarase a orde do día en base aos informes e ponencias que a afiliación xa recibiu con carácter previo. Esta orde do día inclúe cuestións a tratar como os Informes das secretarías e aprobación da xestión do comité local, a valoración da marcha do sindicato desde a Asemblea Xeral de 2019, a elaboración dun plan estratéxico e uns orzamentos para o ano 2022, e a elección do novo Comité Local para o período 2021-2023.

Para a CNT como sindicato asembleario no que as decisións se toman desde a base, esta asemblea é un evento de grande importancia, pois nel valoraremos a xestión do Comité elixido na anterior Asemblea Xeral e escollerase un novo comité, ao tempo que marcaremos entre todas e todos o camiño que seguiremos de aquí en diante. É por iso que necesitamos contar con unha grande asistencia. Para poder asistir é preciso confirmar asistencia.

Call Now ButtonChámanos