8 de marzo. Día da muller traballadora. Creadoras dun mundo novo

A muller traballadora está a ser unha vez máis a gran esquecida da axenda política e os medios de comunicación. O paro feminino ha aumentado neste xaneiro en 32.000 mulleres, unha porcentaxe que duplica ao dos homes, mentres seguimos abocadas á parcialidade e a temporalidade dos contratos, sen que, ao parecer, nada diso faga necesario dedicarnos un só deses anuncios de medidas estrela cos que o goberno acapara titulares. Mentres tanto, o sindicalismo e os movementos sociais seguen sufrindo diariamente a represión, como no caso das nosas compañeiras das seis da suíza que se enfrontan a penas de prisión por facer sindicalismo.

Para a CNT a loita sindical é indisoluble da loita feminista, da mesma maneira que o sistema capitalista é indisoluble do patriarcado. A lóxica capitalista fai que as mulleres sexan destinadas a traballos imprescindibles (limpeza, coidados…), que satisfán necesidades humanas pero que deben realizarse de forma non remunerada dentro do ámbito familiar ou en condicións de explotación laboral doméstica e que non gozan de ningún prestixio. Pola contra, moitos empregos e actividades sen utilidade social ou directamente antisociais (industria militar, especulación bolsista…) fortemente masculinizados, realízanse cunha alta remuneración e gozando dun gran prestixio social.

Neste marco capitalista e patriarcal chégase mesmo a tratar de convencer ás mulleres de que a prostitución é unha actividade laboral máis e o proxeneta debe ser considerado un empresario, tratando de disfrazalo mesmo de reivindicación sindical. Desde a CNT consideramos que en ningún caso a explotación do corpo da muller pode considerarse un traballo, senón que é unha forma de violencia sexual que apontoa, ademais, unha masculinidade hexemónica onde o desexo dos homes sitúase na cúspide das relacións sociais.

A este “mundo ao revés” debe enfrontarse diariamente a muller traballadora, que foi capaz de reivindicarse e defenderse nun sistema profundamente misógino e debendo lidar tamén, en demasiadas ocasións, co ninguneo e o desprezo por parte dos seus propios compañeiros. A análise feminista reivindica un concepto de traballo no que o valor non se pon na rendibilidade que unha actividade poida ter para o mercado capitalista, senón na importancia que esa actividade ten para o sostemento da vida e a cobertura de necesidades humanas.

A muller traballadora está a crear un mundo novo neste instante, fronte a un sistema que se autodevora. Desde a CNT traballamos diariamente para ser unha ferramenta útil na loita contra o capitalismo e o patriarcado e contribuír así ás lexítimas aspiracións de emancipación feminina.

VIVA O 8 DE MARZO

VIVA A LOITA DA MULLER TRABALLADORA

Call Now ButtonChámanos