1º de maio: Non deixaremos que acaben con todo. Construamos xuntas un mundo mellor.

  • Baixo o lema “Non deixaremos que acaben con todo. Construamos xuntas un mundo mellor”, este 1º de maio a CNT Galiza volveu a saír ás rúas.
  • Este primeiro de maio realizamos 3 manifestacións simultaneas en A Coruña, Compostela e Ourense.

Desde Compostela iniciamos o noso percorrido na Praza 8 de marzo ás 12:00, continuando polas rúas da cidade vella e parando na porta empresa hosteleira Benboa, coaque temos conflito aberto por adebedar salarios dunha das nosas compañeiras. Continuamos cara á Alameda onde rematamos cun encendido mitin que denunciou a corrupción das institucións e fixo énfase no modelo único da CNT.

Na Coruña comezamos a manifestación na Praza de Pontevedra ás 12:30, na compaña doutros sindicatos contra o xenocidio palestino, o militarismo e a guerra, e continuamos percorrido pola rúa Orzán ata chegar ao Campo da Leña onde lemos o noso manifesto.

En Ourense comezouse na Ponte Romana ás 12:30 na compaña doutros sindicatos, pedindo a unidade e acción da clase traballadora e posicionándonos contra as guerras e o fin do xenocidio do pobo palestino. Rematamos nos xardíns Padre Feijoo onde se leu o manifesto.

“Cando queiran sacarnos en ridícula e teatral procesión, cando queran obrigarnos a pedir o que nos pertence, enviade a paseo a eses fantoches que queren figurar á cabeza das masas para darse tons de xefes, de futuros deputados, de vindeiros ministros, e dicídelle que a clase obreira non necesita de nada diso para impoñerse e triunfar” Ricardo Mella

Call Now ButtonChámanos