Hoxe comezou o proceso contra doce activistas por participar da resposta popular o pasado 8 de Febreiro de 2009 perante a convocatoria antigalega de Galicia Bilingüe. Desde as nove da mañá unha concentración de mais de cem persoas às portas dos xulgados de Fontiñas apoiaba às procesadas. Arredor das 10h presentáronse as encausadas, que levaban unha camisola denunciando o xuizo político.
Às 10:30 comezaba o xuizo, cunha petición por parte da fiscalía para ampliar os cargos, polo que tivo que se suspender o xuizo. O proceso agora continua: a fiscalia ten un periodo de 10 dias para presentar as modificacións sobre os cargos que imputa, e depois voltaria à instrución, polo que é posibel que se retrase entre seis meses e un ano.
Tres anos despois da manifestación de Galicia Bilingue en Compostela contra o galego, doce persoas foron confróntanse a peticións fiscais de muitos anos de cadeia, somando 45 anos entre todos, e de sancións económicas totais de 30.000 euros.