RESUMO DAS ACCIÓNS NA PRIMEIRA SEMANA DE FOLGA EN OUTUBRO NO CONSORCIO IeB

As traballadoras do Consorcio galego de Igualdade e Benestar da xunta de Galicia estamos en folga dende o 3 ó 14 de outubro e continuaremos dúas semanas ó mes ata decembro para defender os nosos postos de traballo ante a ameza da Xunta do desmantelamento dos equipos de traballo dos centros de día, escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e resto de recursos do Consorcio IeB.

Como xa aconteceu durante as semanas de folga en setembro, as accións sucedéronse diariamente en todas as provincias galegas con moita intensidade. Nesta ocasión centráronse as accións en protestas nos actos do presidente Rueda, acadar a apoios en concellos e cortes de tráfico nas cidades.

A efectos informativos ofrecemos un resumo dos actos realizados nesta semana de folga:

Luns 3/10/2022:
Escrache a Rueda na visita dunhas obras en Sabón (Arteixo)
Escrache a Rueda na visita o Cetmar en Vigo
Reunión co tenente alcalde de Meira.
Reunión co alcalde de A Fonsagrada.
Reunión alcalde Pereiro de Aguiar.
Reunión co alcalde de Vilamarín.

Martes 4/10/2022:
Escrache a Rueda nun acto en CONXEMAR (Vigo)
Escrache a Rueda nunha reunión coa alcaldesa da Coruña.
Corte de tráfico na Avda de Esteiro en Ferrol.
Reunión coa concelleira de servizos socias de Ribadeo.
Inspección de servizos mínimos do centro de día de Ribadeo.
Reunión co alcalde de A Pontenova.
Reunión co alcalde de Riotorto.
Reunión co alcalde de Carballo e o vicepresidente da Diputación da Coruña.
Entrevista na radio Voz Ferrol.
Entrevista na Voz de Galicia edición Ferrol

Mércores 5/10/2022:
Escrache a Rueda nun acto en Bonaval (Compostela)
Corte de tráfico na Avda Salvador de Madariaga na Coruña.
Reunión con Rafael Rodríguez Villarino e Natalia González Beneitez ambos representantes do grupo Municipal Socialista PsdeG-PSOE Ourense.
Reunión co alcalde de A Merca.
Reunión conxunta co presidente presidente da mancomunidade voluntaria de municipios da comarca de Ourense + alcalde de Paderne de Allariz.

Xoves 6/10/2022:
Escrache a Rueda nun acto co rei Felipe e Feijoo.
Corte de tráfico na Rúa Padre Amoedo en Pontevedra.
Reunión co alcalde de Alfoz.
Reunión co alcalde de Ferreira do Valadouro.
Reunión co alcalde de Burela.
Reunión co concelleiro de benestar de Pontevedra.

Venres 7/10/2022:
Escrache a Rueda nun acto na academia galega de seguridade na Estrada
Escrache no edificio dos sindicatos en Lugo.
Corte de trafico na Ronda da Muralla en Lugo.
Reunión co alcalde de Carballiño.
Reunión coa Alcaldesa de Ribadavia.

É preciso aclarar que nas reunións coas alcaldías acadáronse numerosos compromisos de apoio que se materializarán nas mocións presentadas nos plenos respectivos. Nestas mocións esíxeselle a xunta que negocie co comité de folga para buscar unha solución ó conflito.

As traballadoras continuaremos coa folga e coas protestas, a pesar dos servizos mínimos abusivos e do abuso da súa aplicación.
Non nos queda máis remedio que facelo para denunciar a inxustiza dun proceso de estabilización que rematará por desfacer o servizo público que atende a maiores, crianzas e persoas vulnerables.

As que estamos, quedamos!!

Call Now ButtonChámanos