A CNT demanda ao Concello de Muros por douscentos mil euros

A sección sindical da CNT no Concello de Muros demanda ao Concello pola comisión dunha práctica ilegal segundo á que o persoal do GES estaría sendo obrigado a realizar horas extras de maneira estrutural, horas extras que ademais non son aboadas de ningunha maneira. Segundo o convenio colectivo, as horas extras deben ser voluntarias e aboarse con
importantes recargos que poden acadar o 300% da hora ordinaria se se
realizan en horario nocturno e festivo, como é o caso.

Seguir lendo A CNT demanda ao Concello de Muros por douscentos mil euros

Novas sancións da ITSS contra a UTE SSC-Ambulancias María Pita tras denuncias da CNT

A sección sindical da CNT denuncia que non se cumpren os mínimos de Prevención de Riscos Laborais
Ademais, a empresa pretende que se realicen os servizos sen cumprir co “Protocolo de prestación de servicio en el transporte”.
O sindicato mantén un conflito permanente coa empresa para a mellora das condicións laborais e o servizo prestado na área.

Seguir lendo Novas sancións da ITSS contra a UTE SSC-Ambulancias María Pita tras denuncias da CNT

Nova asemblea do persoal do 061 de SASU e María Pita

Desde a CNT convocamos a todo o persoal do 061 das empresas SASU e María Pita a unha asemblea na que trataremos a forma de solucionar as pésimas condicións de traballo ás que estamos sometidos.
Neste momento as nosas condicións de traballo vense afectadas por uns acordos asinados polo comité de empresa que non nos benefician, como é o acordo sobre os solapes e a xornada.

Seguir lendo Nova asemblea do persoal do 061 de SASU e María Pita
Call Now ButtonChámanos