Muitas Lauras precisa este país

A CNT de Compostela quer mostrar o seu apoio à companheira Laura Bugalho, ativista LGBT e sindicalista da CIG, que no próximo dia 7 de junho terá juízo com motivo do seu trabalho de assessoramento de pessoas migrantes.

Laura está a sofrer um processo judicial desde 2009, momento em que denunciou uma máfia que atuava na Galiza a explorar migrantes, para o qual a fiscalia e polícia pedem 8 anos de prisão.

O sindicato CNT quer mostrar o seu apoio a Laura, uma companheira sinónimo e exemplo de solidariedade, e faz um chamado a participar na concentração que acompanhará a nossa amiga no dia 7 de junho às 9h nos Julgados das Fontinhas.

Seguir lendo Muitas Lauras precisa este país

Médicos Sin Fronteras xulgada por discriminación de traballadores/as

  • Finaliza a campaña de CNT “Moitas cores, mesmos dereitos” co piquete sindical o dia do xuízo
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras outros conflitos laborais sen seren resoltos

Este mércores 18 de maio tivo lugar en Compostela o xuizo por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras traballadores da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Á entrada dos xulgados compostelanos a CNT realizou outro piquete informativo como parte da campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” que pretendeu visibilizar a  problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e que veu desenvolvendose nas últimas semanas por diferentes cidades do estado.

Seguir lendo Médicos Sin Fronteras xulgada por discriminación de traballadores/as

A CNT informa en varias cidades das prácticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras

  • A CNT informa en Madrid, Valencia e Barcelona da situación das traballadoras estranxeiras da ONG
  • «Mentres MSF manteña esta actitude discriminatoria seguirase apoiando ás traballadoras e denunciando a situación»

Ao longo desta semana, e como vén acontecendo nos últimos días, replícanse as mostras de apoio e solidariedade, en diferentes cidades, coas traballadoras de Médicos Sin Fronteras que actualmente manteñen un conflito coa ONG por motivos discriminatorios.

Seguir lendo A CNT informa en varias cidades das prácticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras

Sexto piquete a Médicos Sin Fronteras en Compostela

  • Continúa a campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” con outra protesta en Compostela
  • A ONG Médicos Sin Fronteras segue sen demostrar interese por solucionar os conflitos laborais existentes

Como parte da campaña Moitas cores, mesmos dereitos, a CNT ven de concentrarse novamente este mércores 11 de maio ás portas da oficina compostelana de Médicos Sin Fronteras (MSF) denunciando a discriminación de dous traballadores/as da ONG. Centos de panfletos informativos foron repartidos aos viandantes do casco vello de Compostela explicando a problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e facendo especial fincapé na denuncia por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Seguir lendo Sexto piquete a Médicos Sin Fronteras en Compostela

Piquete informativo da CNT no acto do Presidente de MSF

  • A CNT informou fora e dentro do acto de MSF “Diálogos Sin Fronteras” celebrado en Vigo
  • O Sr. Bastos, Presidente de Médicos Sin Fronteras despreza a protesta do seus propios traballadores/as.

Como parte da campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” a CNT fíxose este xoves presente en Vigo con motivo do acto que o Presidente de Médicos Sin Fronteras (MSF) tiña no auditorio Afundación da cidade olívica. O piquete ás portas do lugar de celebración do evento “Diálogos Sin Fronteras” repartiu centos de panfletos informativos sobre a problemática laboral na ONG Médicos Sin fronteras, facendo especial fincapé na denuncia por discriminación presentada por CNT. Así, moitos viandantes e prácticamente a totalidade de asistentes ao acto puideron ser informados das problemáticas laborais en MSF.

Seguir lendo Piquete informativo da CNT no acto do Presidente de MSF

CNT sae ás rúas no primeiro de maio

  • A CNT saíu ás rúas no Primeiro de Maio baixo o lema «Orgullo e dignidade obreira».
  • A manifestación percorreu as principais rúas da cidade compostelana
  • O acto fechouse coa participación da Sección Sindical en Médicos Sin Fronteras e do Secretário Xeral do Comité Confederal

Neste Primeiro de Maio o sindicato CNT Compostela aproveitou para saír ás rúas compostelanas, partindo da Porta do Camiño, nunha manifestación moi activa, como ven sendo habitual nas convocatorias do sindicato libertario.

Entre as habituais consignas da organización anarcosindicalista como «Unión, Acción, Autoxestión» o cortexo discorreu polas principais rúas da cidade.

Seguir lendo CNT sae ás rúas no primeiro de maio
MSF discrimina "Distintas cores mesmos dereitos"

Campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” contra a discriminación en MSF

  • CNT relanza a campaña de protesta contra Médicos Sin Fronteras (MSF) ante a proximidade do xuizo por discriminación
  • MSF segue sen recoñecer os seus erros prefirindo o enfrontamento con CNT e tratando de ofrecer cartos pola retirada da demanda

CNT por en marcha a campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” contra a discriminación de un traballador e unha traballadora da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) ante a proximidade do xuizo o vindeiro dia 18 de maio.

A campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” nace coa vontade de concienciar á cidadanía sobre a problemática laboral existente na ONG Médicos Sin Fronteras, poñendo o énfase nos casos de discriminación pero sen esquecer as múltiples denuncias interpostas pola CNT en materia laboral.

Seguir lendo Campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” contra a discriminación en MSF

CNT protesta no Corte Inglés polo despido dunha traballadora de Estee Lauder

  • Centos de panfletos denuncian a explotación e despedimento en Estee Lauder
  • O piquete comezou dentro e rematou no exterior do Corte Inglés

En véspera do día da nai a CNT de Compostela visitou o Corte Inglés da localidade para denunciar o despedimento da compañeira deste sindicato traballadora de Estee Lauder no stand da firma Mac Cosmetics.

Seguir lendo CNT protesta no Corte Inglés polo despido dunha traballadora de Estee Lauder

Novo piquete da CNT às portas do julgado

  • Um novo piquete da CNT informou do conflito coletivo em Médicos Sin Fronteras
  • O ato teve lugar nos momentos prévios ao juízo

Na passada terça-feira, dia 26 de abril, um piquete organizado pela CNT Compostela esteve à portas do Julgado compostelano a informar aos vizinhos e vizinhas compostelanas acerca do conflito coletivo interposto contra Médicos Sin Fronteras.

O conflito coletivo foi interposto pela secção sindical da CNT em MSF solicitando a nulidade da cláusula de produtividade imposta pela OND em todos os contratos que celebra. O juízo, finalmente, foi adiado.

Seguir lendo Novo piquete da CNT às portas do julgado

CNT inicia conflito com ESTEE LAUDER

  • ESTEE LAUDER vem de despedir uma trabalhadora por estar de baixa.
  • A empresa maquilha a realidade alegando diminuição voluntária do desempenho

A empresa madrilena ESTEE LAUDER vem de despedir uma trabalhadora do stand de vendas localizado no El Corte Inglés compostelano. A dependenta em situação de baixa levava prestando serviços para a empresa há quase três anos com contratos em fraude de lei.

Segundo informa o sindicato CNT, a trabalhadora foi despedida pela empresa alegando diminuição voluntária do desempenho sem juntar prova alguma «sendo óbvio que se a trabalhadora está em situação de incapacidade temporal, não é possível alegar diminuição do rendimento».

Seguir lendo CNT inicia conflito com ESTEE LAUDER

Primeiro de maio, orgullo e dignidade obreira

A CNT sae á rúa con orgullo e dignidade. Orgullo e dignidade de clase, o orgullo e a dignidade da clase traballadora pola nosa capacidade creadora, por construír, coas nosas mans, coas nosas capacidades, todo o bo e fermoso que no mundo pode verse. Orgullo e dignidade de clase polo noso amor á liberdade e a nosa ética igualitaria, porque non parasitamos aos nosos semellantes, non lles roubamos, nin suplantamos a súa vontade.

O Primeiro de Maio é un símbolo da dureza dos ataques que a clase obreira padecemos ao longo da historia, mais por cima de todo, é símbolo da nosa resistencia e da nosa loita. É símbolo da nosa capacidade para nos organizarmos e transformarmos esta sociedade. A CNT chama a reforzarmos as resistencias contra as políticas neoliberales, a afirmarmos a necesidade de nos organizarmos de forma horizontal e a construírmos ferramentas de loita e un movemento obreiro forte, eficaz e contundente na defensa dos nosos dereitos. Un movemento obreiro que integre na radicalidade da súa acción fórmulas positivas e actuais de superación do capitalismo e de construción dunha nova forma social. Un movemento obreiro solidario, independentemente do lugar de nacemento de cada persoa.

Seguir lendo Primeiro de maio, orgullo e dignidade obreira
Piquete CNT en MSF Compostela

Piquete na oficina de Médicos Sin Fronteras

  • Continúan os piquetes da CNT na oficina de Médicos Sin Fronteras en Compostela denunciando discriminación de dous traballador@s
  • Novas denuncias incrementan a presión sobre a ONG
  • Responsables de MSF néganse a chegar a acordos coa CNT

Este mércores 20 de abril a CNT concentrouse ás portas da oficina da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) de Compostela onde se atopaban reunidos responsables e traballadores/as da ONG en Galicia.

Este acto de CNT denunciou públicamente a discriminación por razón de nacionalidade que sofren dous compañeiros do sindicato, extranxeiros que contan con contratos distintos ao resto “residentes nacionais”. Todo isto a pesar de non existir problema legal algún en seren regularizados os seus contratos como todos e todas as demáis traballadoras.

Seguir lendo Piquete na oficina de Médicos Sin Fronteras

CNT denuncia por modificación dos contratos á ONG Médicos Sin Fronteras

  • MSF altera unilateralmente os conceptos na nómina dos captadores/as de socias/os
  • CNT critica a impropia política laboral da ONG Médicos Sin Fronteras

A CNT ven de presentar denuncias contra a ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) por mor de ter modificado substancialmente as condicións do contrato de traballo dos seus traballadores/as na captación de socios/as.

MSF sen previo aviso acerca da modificación dos conceptos aboados na nómina alterou os conceptos retributivos das nóminas a partir do mes de febreiro de 2016. Con esta modificación a ONG “evita actualmente unha subida salarial e “cúbrese” respecto a unha eventual subida dos complementos da nómina; e todo elo baixo a falsa apariencia de que a nómina dos traballadores permaneceu invariable” como afirma a delegada da sección sindical de CNT.

Seguir lendo CNT denuncia por modificación dos contratos á ONG Médicos Sin Fronteras
Call Now ButtonChámanos