Día internacional da saúde, reinvindicacións da CNT-Transporte Sanitario

Co gallo do día internacional da saúde, nestes tempos nos que os governos desmantelan a sanidade pública en beneficio sempre das grandes empresas sanitarias, queremos recuperar as denuncias e reivindicacións levadas a cabo polos nosos compañeiros e compañeiras da sección sindical na UTE Servicios Sanitarios de La Coruña-Ambulancias María Pita

Seguir lendo Día internacional da saúde, reinvindicacións da CNT-Transporte Sanitario

Outra vitoria en Osventos! A empresa de axuda no fogar de Ames volve ás andadas, pero nós non o permitimos.

Desde a CNT temos que volver a falar, lamentablemente, da empresa Osventos, concesionaria do servizo de axuda no fogar de Ames. E dicimos lamentablemente porque esta empresa xa é unha vella coñecida nosa, e non precisamente polo seu bo facer.

Seguir lendo Outra vitoria en Osventos! A empresa de axuda no fogar de Ames volve ás andadas, pero nós non o permitimos.

Explotación laboral no restaurante Mi bodegón latino

A CNT vén de iniciar conflito con Mi bodegón latino, un restaurante colombiano no centro de Compostela. Desde a CNT denunciamos a escandalosa situación de explotación laboral neste restaurante, no que se abusa das persoas estranxeiras en situación de necesidade cun alarmante cúmulo de irregularidades que inclúen a ausencia de contrato e alta na Seguridade Social, xornadas laborais inhumanas de 60 horas semanais…

Seguir lendo Explotación laboral no restaurante Mi bodegón latino

O Concello de Castro Caldelas é condenado ao pago dunha indemnización de 15.000€ a cada traballador denunciante do GES

Tras a denuncia da CNT, o Concello de Castro Caldelas é condenado por vulnerar o dereito fundamental á vida e á integridade física e moral ao que fai referencia o artigo 15 da Constitución española debido ao incuprimento da normativa en prevención de riscos laborais.

Seguir lendo O Concello de Castro Caldelas é condenado ao pago dunha indemnización de 15.000€ a cada traballador denunciante do GES

8 de marzo. Día da muller traballadora. Creadoras dun mundo novo

A muller traballadora está a ser unha vez máis a gran esquecida da axenda política e os medios de comunicación. O paro feminino ha aumentado neste xaneiro en 32.000 mulleres, unha porcentaxe que duplica ao dos homes, mentres seguimos abocadas á parcialidade e a temporalidade dos contratos, sen que, ao parecer, nada diso faga necesario dedicarnos un só deses anuncios de medidas estrela cos que o goberno acapara titulares.

Seguir lendo 8 de marzo. Día da muller traballadora. Creadoras dun mundo novo

A CNT ven de constituír sección sindical en ALS Life Sciences Galicia

A CNT ven de constituír a súa sección sindical no centro de traballo de ALS Life Sciences Galicia en Santiago de Compostela, no polígono do Tambre. Este centro de traballo conta cunha ampla plantilla que traballa para esta empresa de ensaios, inspección, certificación e verificación industrial. Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita de todo o persoal, a través da que canalizar as súas demandas e reivindicacións.

Seguir lendo A CNT ven de constituír sección sindical en ALS Life Sciences Galicia
Call Now ButtonChámanos