¡VIGO ESTOUPA, METAL EN LOITA!

A alcaldesa de Vigo e o presidente dos empresarios da provincia de Pontevedra xa teñen o que querían: hoxe, día 8 de maio, as unidades de intervención policial traídas dende fora de Vigo cargaron brutalmente na cidade olívica contra os traballadores do metal en folga pola negociación do novo convenio. O resultado foi 16 detidos e 6 feridos, dos cales un se atopa todavía ingresado por un pelotazo de goma na cara. Tódolos medios de comunicación hoxe fixéronse eco duns feitos que dende hai moitos anos non se recollían en Vigo. As cargas foron totalmente desproporcionadas, ata contra a xente que se atopaba na rúa e cafés.

Seguir lendo ¡VIGO ESTOUPA, METAL EN LOITA!

As eleizóns na USC – E van 2

O Sr. Reptor Senén Barro non sabe que facer para animar ao persoal a que vaia votar, e non se lle ocorre cousa mellor que facer 22.000 salva-manteis en Din A-3 para repartir polas cafeterias, mesas das bibliotecas, e locais vários da Universidade de Santiago, para que non nos esquezamos de ir a meter o papeliño. O lema é : “lembra—, vota, 10 de maio e Ti contas”, olvidan anotar que só contamos para iso para o demáis non interesamos ninguén do PAS ou do estudantado. Anda a tirar o diñeiro a moi empufada USC. Será que o governo bi-partido funciona, e a Universidade vai ter agora cartos a esgalla e nós sen enterar-nos da movida.

Seguir lendo As eleizóns na USC – E van 2

Reforma laboral – Xa firman

Despois de máis dun ano de ameazas parez ser que temos reforma laboral, e como nos temiamos de nefasta. Ven ser o que xa falamos : os empresários saen desta con bonificacións de entre 800 aos 1200 euros por contrato, tanto para os indifinidos iniciais como para os que pasen de temporais a fixos. E non fica todo aquí, ademais teñen unha rebaixa na cuota para o desemprego que terian que pagar os empresários e se optan pola modalidade de indefinidos a indemnización por despido pasa de 45 dias (do contrato ordinário) a 33 dias por ano.

Seguir lendo Reforma laboral – Xa firman

Carta de un preso

Desde la cárcel de Monterroso, la CNT de Lugo ha recibido hoy una carta de un preso; carta que creemos que debemos transcribir en esta página, con las naturales omisiones precisas para la no indentificación del autor. Por ello, no va a poder leerse el original completo, pero no va a cambiar, en absoluto, el significado y se va a respetar, en lo posible, la literalidad del escrito.

Seguir lendo Carta de un preso

USC eleizóns. Estes son os candidatos a reptor.

O vindeiro día 10 de Maio celebraran-se eleizóns a Reptor na centenária e empufada Universidade de Santiago de Compostela (USC). Apresentan-se dous candidatos, o actual Reptor, Senén Barro e Juan Casares. O primeiro, Senén, foi o herdeiro de Darío Villanueva, aquel mocete con gañas de ser Académico da Española e que deixou un pufo enorme na USC porque, como era de letras, fixo contabilidade criativa, amén dun bonito comedor privado no Pazo de Fonseca que custou unha porrada de millóns (leron ben, millóns de pesetas) e pagou a Xerardo Estévez, exalcalde de Santiago, uns 100 millóns de pesetas por pensar onde tiña que estar ubicado o Campus da Saúde.

Seguir lendo USC eleizóns. Estes son os candidatos a reptor.

Um verquido de origem desconhecida tinge de preto a praia de Razo

todos os indícios apontam a que umha embarcaçom verqueu no mar umha importante quantidade de combustível que tingiu aproximadamente um quilômetro do areal da praia de Razo em Carbalho. Polos vistos a mancha preta também teria cgehado ao areal de Baldaio.Polo de pronto nom se conhece a autoria do verquido nem a sua natureza, embora desde grupos ambientalistas se assinale que os mais plausível é que se trate de productos químicos.

Seguir lendo Um verquido de origem desconhecida tinge de preto a praia de Razo

1º de Maio en Compostela

Onte a CNT celebrou o 1º de maio en Compostela cun mitin no Cine Yago ás 12’30 de mañán. O patio de butacas estaba practicamente cheo e se chegou a contar 104 persoas sentadas e varias máis de pe. Houbo catro intervencións, a subliñar a do compañeiro de Pontevedra que nos contou cómo lograron poñer andar o sindicato anarco-sindicalista nunha cidade onde estabamos desaparecidos desde hai muitos anos e cómo fixeron para apañar un local no edificio sindical. Tamén se recaudaron cartos-bastantes-para os compañeiros e compañeiras de Barcelona que están en folga contra a empresa Mercadona

Seguir lendo 1º de Maio en Compostela

A CNT no Primeiro de maio

O próximo luns, 1 de maio, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) saldrá à rua en diversos pontos do estado para celebrar manifestacions e actos que fagan explícitos ao conxunto da sociedade os problemas que afectan à clase traballadora, facendo de este día unha xornada reivindicativa alonxada da autocomplacencia do sindicalismo oficial e opoñendo-se a sua reducción a un día mais no calendario turístico.

Seguir lendo A CNT no Primeiro de maio

III Semana de Cinema Anarquista do 1 ao 6 de Maio

O vindeiro dia 1 de Maio comeza a “III Semana de Cinema Anarquista” organizado pola CNT-Compostela xuntamente coa Sala Yago. Os pases dos filmes serán às 20,15 e 22,30 h. na propia sala Yago, situada na centrica Rua Nova. Foron escollidos estes cinco filmes pola idoniedade de contido e a enorme dificuldade de conseguir certo material. No cinema haberá unha mesa con material diverso do sindicato, libros e cartaces.

Seguir lendo III Semana de Cinema Anarquista do 1 ao 6 de Maio
Call Now ButtonChámanos