A Sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda ven de presentar un amplo informe sobre o estado lamentable no que se atopa a base de traballo do grupo de emerxencias no que os integrantes do GES “viven” permanentemente en quendas de 24h ao dia.
Os GES da Guarda desenvolven o seu traballo na que pretendía ser a estación de autobuses do Concello. O acondicionamento para este cambio no uso foi case nulo por parte dos responsables de governo sendo na medida do posible paliado polos propios traballadores e traballadoras que aportan solucións propias ante a falta de recursos que destina o Concello.
As queixas dos traballadores/as dos GES sobre a base son múltiples, entre as detalladas no informe: a falta de aillamento da humidade, os malos cheiros derivados da deficiente instalación de fontanería, a insuficiencia de espazos e medios para a descontaminación dos equipos logo das intervencións, a fallas na conexión de internet a través do que se conectan á centralita de emerxencias, ou o uso “variado” das instalacións que se ven facendo por parte de distintos colectivos que impiden o normal funcionamento das actividade propias dos GES.
Tras poñer en coñecemento reiteradamente do Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español o estado da base, a realidade é que todo segue igual, e non se agardan novidades pola falta de compromiso do concello de A Guarda polo que a situación de precariedade da base de emerxencias continúa aumentando.
Segundo CNT, “ non hai vontade política para solucionar os problemas dos GES por parte dos responsables do Concello que son incapaces de acadar uns compromisos cos seus traballadores e traballadoras” cuestión que, recordan “repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”.
[FOTOS]
-Humidades:
-Vehiculos inservibles:
Informe completo da situación da base dos GES A Guarda
www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda