Novo piquete ás portas de Kids&Us

Continuan as mobilizacións ás portas da academia de inglés Kids&Us reclamando a readmisión das compañeiras despedidas ao final do curso escolar tras reclamar os seus dereitos laborais.

Novamente a actitude da empresa é de desprezo ás xustas reividicacións das traballadoras, pechando as portas durante o piquete, incluso deixando fóra ao alumnado que chegara un pouco máis tarde. É unha mágoa que coa mensualidade que pagan os pais e nais, a empresa non respecte ás súas propias traballadoras nin á súa clientela.

Desde a CNT seguiremos loitando polas compañeiras despedidas inxustamente. Sabemos que a forza da clase obreira é a solidariedade e seguiremos reclamando o que é xusto.

Call Now ButtonChámanos