Novo piquete ás portas da Academia Kids&Us

Segue o conflito coa academia English4people de Compostela, franquicia das academias Kids&Us a causa do despedimento de varias traballadoras no fin de curso tras reivindicarlles á empresa os seus dereitos laborais.

Tras o despedimento das traballadoras coma resposta da empresa ás reivindicacións da sección sindical da CNT, desde o sindicato achegámonos ás portas da academia neste inicio do curso.

O piquete solidario informou aos pais e nais das condicións laborais do persoal e das condicións dos seus propios nenos e nenas nas clases: teitos caídos, material compartido en clases simultáneas, etc.

A información sindical foi moi ben acollida polas nais e pais das que apreciamos a soliedariedade coa situación das súas antigas profesoras.

Desde o sindicato continuarán as accións revindicativas namentres a empresa non rectifique a súa actuación para coas nosas compañeiras despedidas.

Call Now ButtonChámanos