Defende os teus dereitos

Concentración do Consorcio o 2 de abril en Compostela

De novo convocamos ás traballadoras do Consorcio a unha concentración de protesta o día 2 de abril na praza “8 de Marzo”, en Compostela ás 12:00.

Vemos como función pública e os sindicatos do sistema negocian a aplicación dunha lei para estabilizar ó persoal temporal de costas ó interese deste persoal e tratando de retorcer o escrito na lei, danando ás traballadoras máis precarizadas: que nos quedará a nós se a súa intención é a de que haxa persoal que escolla antes ca nós e, polo tanto, as prazas que podamos elixir tras o concurso de méritos sexan as que non queiran as demais?

Sairemos de novo á rúa para esixir os nosos dereitos e porque temos comprobado que é a única linguaxe que entenden. Recordade traer as vosas camisetas e as vosas tarteiras para que os nosos berros se escoiten ben forte!

Call Now ButtonChámanos